Pasar al contenido principal
STG

iARCUS coordina unha rede científica para detectar no medio acuático virus de risco potencial para a acuicultura

Xuntanza da rede Epimar no iARCUS
Xuntanza da rede Epimar no iARCUS
Os grupos integrantes da rede Epimar reuníronse na sede de iARCUS
Santiago de Compostela

Trece grupos de investigación de todo o Estado conforman a rede Epimar que, coordinada polo director de iARCUS, o profesor Carlos Pereira Dopazo, traballan conxuntamente para establecer un mapa epidemiolóxico dinámico dos virus presentes no medio acuático que poidan supor un risco para a acuicultura española e poder así mellorar as capacidades do sector na prevención.

Representantes de todos os membros desta rede, formada por diversas universidades, o Consello Superior de Investigacións Científicas (e o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Cataluña e financiada pola Axencia española de investigación, reuníronse este mércores na sede de iARCUS.

Na reunión avaliouse o traballo realizado ata o momento e consensuáronse as actuacións que se levarán a cabo este ano, no que se espera ter rematado unha primeira versión do mapa epidemiolóxico interactivo, que estará dispoñible na web do instituto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.02.2025.