Pasar al contenido principal
STG

O ciclo de cinema negro en francés ‘Na marxe’ bota o pano o luns coa proxección de ‘Alphaville’ na Facultade de Humanidades

Cartaz do filme 'Alphaville'
Cartaz do filme 'Alphaville'
A sesión, de entrada libre e de balde para todo o público interesado, desenvolverase a partir das 19.30 horas, no salón de actos do centro universitario lugués

A cuarta edición do ciclo de cinema negro en francés ‘Na Marxe’, unha actividade promovida a iniciativa da sección de francés do Centro de Linguas Modernas da USC no Campus Terra, botará o pano o luns 29 de maio coa proxección, a partir das 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades, do filme ‘Alphaville’. Esta produción cinematográfica, realizada no ano 1965 por Jean-Luc Godard e que conta como intérpretes nos papeis principais con Anna Karina e Eddie Constantine, poderá visualizarse en versión orixinal con subtítulos en español.

‘Alphaville’ recolle a historia dunha estraña aventura de Lemmy Caution. Trátase dun falso filme de xénero policial e de corte futurista, en cuxo guión se asiste á transformación de París nunha cidade sometida a un réxime totalitario.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.05.2017.