Pasar al contenido principal
STG

Café con… Juan Calderón Bustillo

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos Alumni USC organiza este mércores 25 unha charla-coloquio con Juan Calderón Bustillo, un antiguo alumno doutor en Física que actualmente traballa no Centro de Astrofísica Relativista do Georgia Institute of Technology (USA) investigando sobre as ondas gravitacionais. O relatorio será ás 19.15 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia da USC.

As sesións ‘Café con…’ diríxense fundamentalmente ás persoas novas, en particular ás que están a punto de iniciar a súa carreira profesional, co obxecto de espertar a vocación investigadora.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2017.