Pasar al contenido principal
STG

A Sectorial TIC da CRUE reúnese na USC

A Sectorial TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) reunirase esta semana na USC para celebrar a súa asemblea e unhas xornadas sobre a seguridade da información nas universidades. Esta sectorial ten como cometido o estudo das necesidades e aplicacións destas tecnoloxías na xestión, a docencia e a investigación, propoñendo actuacións e proxectos conxuntos.

As sesións terán lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, onde este xoves 4 ás 16.00 horas comezará a súa asemblea, á que asistirá o reitor compostelán, Juan Viaño, e na que intervirá o seu presidente, Juan Gómez Ortega, reitor da Universidade de Xaén.

A xornada técnica comezará xa pola mañá e nela participarán responsables de servizos dixitais, de informática e TIC das universidades españolas, que tratarán cuestións relacionadas co estado actual das tecnoloxías da comunicación á vez que presentarán iniciativas de éxito implementadas coa fin de aproveitar sinerxías.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.05.2017.