A Asociación Iberoamericana para a Investigación das Diferenzas Individuais reúnese este semana na USC
O grupo de investigación UDIPRE da USC que coordina a profesora Estrella Romero desenvolve na Facultade de Psicoloxía a VI Xornada da Asociación Iberoamericana para a Investigación das Diferenzas Individuais (AIIDI). O encontro deu comezo este xoves cun seminario sobre valoración do risco en xente nova a cargo do profesor da USC José Antonio Gómez Fraguela.
A xornada propiamente académica terá lugar este venres 29, con varias dúas conferencias e sesións de pósters e comunicacións orais organizadas en tres áreas temáticas: personalidade, intelixencia e diferenzas grupais.
A conferencia inaugural correrá a cargo do profesor da Universidade de Alabama Randall T. Salekin, autoridade internacional no estudo da psicopatía e a conduta criminal, que falará ás 9.00 horas dos rasgos psicopáticos en nenos. A continuación desenvolveranse as sesión orais sobre moi variadas cuestións, como a conduta antisocial e a personalidade en adolescentes, o consumo de antidepresivos e a percepción de saúde, a relación entre intelixencia e consumo de alcohol, o medo á morte, a medición da intelixencia con videoxogos ou as diferenzas en función do xénero en autoestima e en rasgos de personalidade na adolescencia.
A conferencia de peche, titulada ‘Maldades individuais, maldades sociais: ida e volta. Psicopatía e capitalismo 2.0’, impartiraa ás 18.30 horas o catedrático da USC Jorge Sobral, cunha longa larga traxectoria de investigación sobre diferenzas individuais na criminalidade e sobre a interacción entre dimensións individuais e sociais no estudo do comportamento humano.