Pasar al contenido principal
STG

O prazo de presentación de candidaturas nas eleccións a reitora ou reitor da USC ábrese este mércores 26 de novembro

Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Tamén se abre ata o 5 de decembro o período para que as persoas candidatas se rexistren nos comicios para elixir representantes no Claustro Universitario, nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento
Lugo, Santiago de Compostela

O prazo de presentación de candidaturas para as eleccións de reitor ou reitora da USC, así como de representantes no Claustro Universitario, nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento estenderase do 26 de novembro ao 5 decembro. A proclamación provisional farase pública o 11 de decembro e os recursos que se estimen oportunos poderán presentarse ante a Comisión Electoral Central (CEC) entre o 12 e o 16 de decembro. A proclamación definitiva de candidaturas producirase o 19 de decembro. 

Xa en 2026, entre o 27 de xaneiro e o 10 de febreiro, desenvolverase a campaña electoral, destinándose a xornada do día 11 de febreiro para a reflexión. As eleccións terán lugar o 12 de febreiro de 2026. O 13 dese mesmo mes producirase a proclamación provisional de candidatos/as electos/as, mentres que os recursos ante a CEC contra a proclamación provisional de candidaturas electas estenderase do 18 ao 24 de febreiro. A proclamación definitiva de candidatos/as electos/as será o 26 de febreiro.

Nas eleccións a reitor ou reitora, no caso de ser precisa unha segunda volta, a campaña prolongaríase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo, producíndose as votacións o 11 de marzo. O día 12 de marzo terá lugar a proclamación provisional da reitora ou reitor electa/o, os recursos poderán efectuarse entre o 13 e o 20 marzo, mentres que a proclamación definitiva da reitora ou reitor electa/o será o 23 de marzo. Pode obterse máis información sobre os tres procesos no web de ‘Participación e procesos electorais’. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.11.2025.