Pasar al contenido principal
STG

A mostra ‘Marxes’, unha produción da USC con fotos de José Manuel Soares, chega este mércores á Universidade de Porto

Cartaz da mostra fotográfica producida pola USC en colaboración coa Fundación CEER
Cartaz da mostra fotográfica producida pola USC en colaboración coa Fundación CEER
A exposición, que inclúe 40 retratos de estudantes universitarios en Santiago de Compostela e Porto, permanecerá na cidade lusa ata finais de setembro

Un total de 40 retratos de universitarios/as de Santiago de Compostela e de Porto conforman os contidos da exposición ‘Marxes’, unha mostra do fotógrafo José Manuel Soares, que será inaugurada este mércores, ás 18.00 horas, na Galería dos Leôes da Universidade de Porto, permanecerá aberta ao público ata o 30 de setembro.

Esta exposición fotográfica, unha produción propia da USC realizada co apoio da Fundación CEER, na que participan as universidades galegas e do Norte de Portugal xunto coa Xunta de Galicia, chega á Universidade de Porto logo de comezar en marzo de 2014 en Santiago un periplo que a levaría por diversas localizacións galegas e portuguesas, tales como Vila Real, Guimaraes e Braga, para agora chegar á Universidade de Porto.

A mostra ‘Marxes’ presenta a alumnado e profesorado de distintas nacionalidades “que se cruzan en universos idénticos”, neste caso na Facultade de Filoloxía de Santiago e noutros lugares da Universidade de Porto.

O proxecto comezou como un exercicio académico onde o retrato, despoxado de artificialismos técnicos, servise para analizar se a imaxe é autoría do fotógrafo ou da persoa retratada. Esa premisa levou a varias persoas a participar en sesións fotográficas nas que os protagonistas non recibiron ningunha indicación para desbloquear calquera inhibición diante da cámara. O resultado son unha serie de retratos nas que o autor pretendía coñecer que diferenza as persoas das dúas marxes do Miño.

Soares
José Manuel Soares (www.josemanuelsoares.com) divide a súa actividade profesional entre a fotografía e o ensino. Creou Edicións Portáteis, especializada en fotografía, e expón dende o ano 1995. No seus comezos, a súa actividade profesional estivo asociada ao exercicio do fotoxornalismo en xornais como Primeiro de Janeiro, O Jogo, Tal & Qual, Diário de Noticias e en Revista Pois!, Réponses Photo e Photo, entre outros. Ademais, ten desenvolvido traballos publicitarios e participou na publicación de diversos libros de texto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.09.2017.