Pasar al contenido principal
STG

A Deputación da Coruña destina 158.000 euros a co financiar a programación cultural, artística e científica da USC

Actuación do grupo de teatro de Lugo
Actuación do grupo de teatro de Lugo
A achega provincial destinarase tamén ás actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero

A Deputación da Coruña aprobou a concesión dunha subvención nominativa á Universidade de Santiago de Compostela por un importe de 158.000 euros destinada a co financiar a programación universitaria orientada ao fomento da educación, investigación, transferencia do coñecemento e actividades culturais, artísticas e científicas, así como a programación de actividades do CIFEX.

O convenio, asinado polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da USC, Antonio López, permite impulsar iniciativas estratéxicas para a detección e captación de talento mediante programas como ‘A Ponte entre a USC e o Ensino Medio’, que busca a universidade ao alumnado preuniversitario mediante charlas, visitas, etc., ou ‘ESTALMAT’, que pretende detectar aptitudes matemáticas avanzadas entre o alumnado de secundaria e proporcionarlles un programa de actividades adaptadas ao desenvolvemento do seu talento.

O acordo tamén dará apoio ao desenvolvemento dunha ampla programación cultural, con propostas de teatro, música, danza e artes plásticas; actuacións para a posta en valor e musealización do patrimonio histórico-artístico da USC ou para proxectos artísticos-pedagóxicos como as Faíscas Culturais ou as Xornadas de Benvida ao curso, coas que se busca incentivar a participación do novo estudantado nas unidades de produción artística.

Inclúe ademais o financiamento parcial de eventos científicos encamiñados ao intercambio de coñecemento; o programa de Seminarios en IV Ciclo e a programación de actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX).
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.12.2025.