Pasar al contenido principal
STG

Encontros na Zona USC

03.02.2026-06.02.2026

Campus de Santiago

Imaxe de arquivo dos Encontros na Zona USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo dos Encontros na Zona USC. FOTO: Santi Alvite

O Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC lanza unha nova edición dos Encontros na Zona USC nos que o estudantado preuniversitario poderá coñecer de primeira man a oferta docente e de servizos da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa desenvolverase os días 3, 4, 5 e 6 de febreiro en Compostela. Os percorridos partirán das residencias universitarias Monte da Condesa e Burgo das Nacións ás 10.30 horas. 

“Cada estudante pode escoller o percorrido que máis lle interese, sen ter que ir toda a clase xunta”, destacan dende o programa A Ponte. No formulario de inscrición Santiago, cada centro de Ensino Medio debe indicar, a partir do 16 de xaneiro, os datos do centro e dunha persoa acompañante así como o día da visita e o número de estudantes de cada percorrido. Nalgún caso existe a posibilidade de elixir un percorrido cun único centro (Facultade ou Escola) ou elixir un percorrido dese centro en combinación con outro.

En total, ofrécense 17 percorridos e a visita ás residencias universitarias Monte da Condesa e Burgo das Nacións. Dende o programa A Ponte salientan que “nesta actividade ofrécese aos estudantes de Ensino Medio unha oportunidade de contacto coa Universidade, visitando os centros dos Campus de Lugo e Santiago para recibir información directa dos estudos que organizan”. Na anterior edición participaron 6.242 estudantes de 119 centros (5.380 estudantes de 103 centros no Campus de Santiago). 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.01.2026.