Pasar al contenido principal
STG

Os desafíos do doutoramento en educación, a análise

De esquerda a dereita, Miguel Santos, Román Rodríguez, Antonio López e Mar Lorenzo. Foto: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Miguel Santos, Román Rodríguez, Antonio López e Mar Lorenzo. Foto: Santi Alvite
O profesor Miguel Ángel Santos Rego presentou en Ciencias da Educación o seu último libro

O catedrático Miguel Ángel Santos Rego presentou na Facultade de Ciencias da Educación o seu último libro El doctorado en Educación. ¿Reproducir o Transformar?. O acto presidiuno o reitor Antonio López Díaz e nel participaron tamén o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar Lorenzo.

Debido á amplitude semántica do campo de actividade investigadora, o doutoramento en educación presenta condicións de certa singularidade epistémica, apreciables tanto nos ámbitos científico como profesional. Isto presenta vantaxes e inconvenientes para unha mellor xestión da complexidade nos centros e institucións educativas das sociedades abertas.

O libro aclara e proxecta os desafíos do doutoramento en educación á mantenta da súa asociación coa importancia de reforzar a innovación, o liderado e a calidade dos procesos que optimizan as competencias das persoas, a base de cambios e transformacións desde a esencial procura de máis e mellor coñecemento.

Miguel Ángel Santos Rego foi vicerreitor de Profesorado da USC e investigador e profesor visitante nas Universidades de Illinois, Johns Hopkins e Texas (EE. UU.). É ademais Premio Nacional de Investigación Educativa e coordinador do grupo de investigación Esculca.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.01.2026.