Pasar al contenido principal
STG

Nova edición dos cursos en liña da BUSC en competencias de información

Fornecer o estudantado de habilidades, actitudes e condutas para acceder a información de calidade é o obxectivo dos cursos. Foto: Santi Alvite
Fornecer o estudantado de habilidades, actitudes e condutas para acceder a información de calidade é o obxectivo dos cursos. Foto: Santi Alvite
O prazo de matrícula abriu este luns 19
Lugo, Santiago de Compostela

As competencias informacionais son o conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes de carácter transversal que capacitan as persoas para recoñecer cando necesitan información, onde localizala, como avaliar a súa idoneidade e darlle o uso adecuado de acordo co problema que se lles formula. 

Coa fin de fornecer o estudantado da USC de habilidades, actitudes e condutas para acceder a información de calidade que supoña adquirir esas competencias, a Biblioteca Universitaria (BUSC) organiza cursos en competencias informacionais, gratuítos e en liña. Deste xeito, este luns 19 abriu o prazo de matrícula tanto nos dirixidos a estudantado de grao (nivel básico) como nos de Traballos de Fin de Grao (nivel avanzado). A inscrición estará aberta ata o 8 de febreiro na primeira modalidade a ata o 10 na segunda.

Na modalidade básica, o curso ofrece información sobre como buscar datos no catálogo da Biblioteca Universitaria e mais en Internet, como facer un traballo académico, como citar a información evitando o plaxio, o traballo na rede e seguridade informática. Xa no nivel avanzado, pensado para estudantes de últimos anos da carreira, explícase ademais como avaliar e organizar os datos, como elaborar un traballo de Fin de Grao (TFG) e como comunicar e difundir a información.

A matrícula debe realizarse a través da Secretaría Virtual da USC, e  a súa superación permite obter 1 crédito ECTS.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.01.2026.