Pasar al contenido principal
STG

Filoloxía abre as portas ao ensino secundario e achega a súa investigación en humanidades

A Facultade recibirá estes días máis de 300 estudantes de toda Galicia. Foto: Santi Alvite
A Facultade recibirá estes días máis de 300 estudantes de toda Galicia. Foto: Santi Alvite
A Facultade recibirá estes días máis de 300 estudantes de toda Galicia

A Facultade de Filoloxía desenvolve esta semana e a próxima unhas xornadas de portas abertas dirixidas ao estudantado e profesorado do ensino secundario co obxectivo de dar a coñecer o labor investigador que se desenvolve no ámbito das humanidades.

Nos días 22, 23 e 29 de xaneiro, diferentes grupos de investigación da Facultade de Filoloxía recibirán nos seus espazos máis de trescentos estudantes de secundaria de toda Galicia para mostrarlles como se investiga na universidade e para traballar con eles e elas en distintos obradoiros prácticos.

As actividades abordarán temas tan diversos como a lingüística computacional, o cómic, o traballo dun laboratorio de sociolingüística, como ser un grande experto en inglés e xerga xuvenil, entre outros. Durante estas xornadas, o estudantado terá a oportunidade de coñecer as diferentes liñas de investigación do PDI da facultade e mesmo de participar activamente en dinámicas propias do traballo investigador.

Esta iniciativa pretende achegar a universidade ao ensino secundario, espertar vocacións académicas e amosar que as humanidades son un campo vivo, innovador e con múltiples posibilidades de investigación e desenvolvemento profesional.

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas
Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2026.