Pasar al contenido principal
STG

Aberto o prazo para formar parte do Programa de Titores/as do curso 2025/2026

Estudantado participando nos Encontros na Zona USC. FOTO: Santi Alvite
Estudantado participando nos Encontros na Zona USC. FOTO: Santi Alvite
As solicitudes poderán presentarase nos decanatos ou direccións dos centros ata o vindeiro 13 de febreiro
Lugo, Santiago de Compostela

Máis de 200 prazas conforman a oferta inicial de prazas do Programa de Titores, unha iniciativa a través da cal o estudantado poderá colaborar no desenvolvemento de actividades de acollida a estudantes de novo ingreso. Poden concorrer nesta convocatoria as persoas que teñan superados, como mínimo, 30 créditos. As solicitudes poderán presentarase nos decanatos ou direccións dos centros ata o vindeiro 13 de febreiro.

O estudantado seleccionado participará nun proceso formativo para adquirir os coñecementos necesarios e desenvolver adecuadamente as actividades previstas para o segundo curso. Neste senso, no período formativo inclúense tres bloques temáticos sobre coñecementos básicos do funcionamento da USC, divulgación da oferta de servizos e programas da institución e formación específica para o labor de titores/as. Esta primeiro período formativo desenvolverase en 12 sesións de 90 minutos cada unha entre os días 9 e 26 de marzo, de luns a xoves en horario de 20.15 a 21.45 horas.

Xa no segundo curso, as persoas que accedan á convocatoria colaborarán na acollida na USC dos estudantes de novo ingreso exercendo de titor/a durante todo ano académico e nas actividades do programa A Ponte. Este último programa inclúe as visitas guiadas ás instalacións da USC ou actividades virtuais de orientación e información, entre outros.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.02.2026.