Pasar al contenido principal
STG

Fondo pesar na USC polo pasamento de Xesús Alonso Montero

O profesor e académico Xesús Alonso Montero. FOTO: Santi Alvite
O profesor e académico Xesús Alonso Montero. FOTO: Santi Alvite
Foi catedrático de Literatura Galega na Facultade de Filoloxía compostelá, ademais de presidente da Real Academia Galega
Santiago de Compostela

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento do que fora catedrático de Literatura Galega e presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Xa en novembro de 2023, a Facultade de Filoloxía homenaxeou a súa figura cun emotivo acto con motivo do seu 95 aniversario e no que a profesora Dolores Vilavedra o definiu como autor de “páxinas xa imprescindibles da historia da literatura galega”. 

Xesús Alonso Montero foi catedrático de Literatura Galega na Facultade de Filoloxía compostelá. Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 1993 a proposta de Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares e Ramón Piñeiro. O seu discurso de ingreso, contestado por Xosé Filgueira Valverde, titulouno 'Manifestos en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962)'. O 20 de abril de 2013 foi elixido presidente da RAG, cargo que ocupou ata o 29 de abril de 2017.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.02.2026.