Pasar al contenido principal
STG

O Proxecto ‘Un de Cen: comprendendo o espectro’ comeza o luns en Psicoloxía

O Proxecto ‘Un de Cen: comprendendo o espectro’ comeza o luns en Psicoloxía
O Proxecto ‘Un de Cen: comprendendo o espectro’ comeza o luns en Psicoloxía
Cunha conferencia sobre intervención e apoio ás persoas con TEA, familia e outros axentes

A Federación Autismo Galicia comeza o luns, en colaboración coa USC, coa segunda fase do proxecto ‘Un de Cen: Comprendendo o Espectro”: un ciclo de conferencias para estudantes da USC impartido por profesionais da Federación.

A primeira charla terá lugar este luns 18 na Facultade de Psicoloxía. Levará por título ‘ Intervención e apoio especializados ás persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo), familia e outros axentes sociais’ e impartiraa ás 17.00 horas a psicóloga da Federación Autismo Galicia, Cristina Couto.

O ciclo, que se trasladará tamén ás outras universidades galegas, contempla outras conferencias específicas nas facultades de interese vinculadas aos diferentes servizos de atención ás persoas con TEA.

Proxecto Un de Cen ‘Un de Cen. Comprendendo o espectro’ é un proxecto integral que combina o trinomio Información, Sensibilización e Formación e xorde ante a necesidade de pór o foco nas necesidades e realidade das persoas con TEA, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á súa singularidade.

O ciclo de conferencias é unha proposta de achegamento directo das necesidades específicas das persoas con TEA aos futuros profesionais e docentes no ámbito universitario. Esta formación específica é máis que necesaria tendo en conta a prevalencia actual -1 caso de Tea por cada 100 nacementos- cun incremento potencial segundo recentes estudos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.02.2019.