Pasar al contenido principal
STG

Farmacia celebra este sábado a festividade da súa patroa

A Facultade de Farmacia da USC celebra este sábado 16 a festividade da súa patroa cun programa de actos que dará comezo ás 12.00 horas no Salón de Graos presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López. Acompañarano na mesa a decana Isabel Sández; a subdirectora xeral de Farmacia, Carolina González-Criado; o secretario da facultade, Perfecto Paseiro; e a vicedecana de Coordinación Académica e Alumnos, Paz García.

Na cerimonia entregaráselle a Insignia de ouro da Facultade aos docentes xubilados o pasado curso Beatriz Rodríguez Moreiras, María Teresa Santamarina Fernández e Ramón Martínez Pacheco. Precisamente este último pronunciará a continuación a conferencia ‘Impresión 3D de medicamentos’.

Os actos continuarán coa entrega de diplomas aos doutores e doutoras do curso 2016-2017 Paula Vélez Viéitez, Alejandro Costoya Mujico, Luis Antonio Díaz Gómez e Victoria Martínez Sernández.

O programa pecharase coa entrega de Premios do IV Concurso de Ideas para Portada de Traballos de Fin de Grao da Facultade de Farmacia da USC patrocinados por farmaFIR. A gañadora desta edición foi Irene López Santiago, e conseguiron un accésit Helena Calo Cons e Candela Cameselle Lago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.12.2017.