Pasar al contenido principal
STG

O trío Alana actuará na Primavera Cultural da USC o vindeiro 19 de febreiro

A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición.
A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición.
O concerto terá lugar na Igrexa da Universidade a partir das 21.00 horas. O acceso é de balde, previa recollida de entrada (só unha por persoa) desde as 20.40 horas
Santiago de Compostela

Antía Vázquez (voz e pandeireta), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusións e gaita) forman Alana, un proxecto musical que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. O trío actuará na Primavera Cultural da USC o vindeiro 19 de febreiro. O concerto, que terá lugar na Igrexa da Universidade, comezará ás 21.00 horas.

A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición. En 2023, foron os gañadores do Premios Xuventude Crea na categoría de música.

O acceso ao concerto é de balde, previa recollida de entrada (só unha por persoa) desde as 20.40 horas na Igrexa da Universidade, o mesmo día do concerto. A apertura de portas producirase tamén ás 20.40 horas.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2026.