Ata o 12 de marzo é posible concorrer ás axudas á investigación da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións
A novena convocatoria de Axudas á Investigación da Cátedra do Camiño e das Peregrinacións para o desenvolvemento de proxectos arredor da ruta xacobea xa está en marcha. O prazo para formalizar a solicitude remata o 12 de marzo.
Os criterios de valoración que se terán en conta para a concesión da axuda son a xustificación do proxecto (máximo 40 puntos), contido (máximo 40 puntos) e plan de difusión (ata 20 puntos). Outorgaranse un total de tres axudas e o período de execución dos proxectos de investigación será de tres meses. O importe máximo de cada axuda será de 4.000 euros.
A iniciativa pretende, un ano máis, fomentar o coñecemento histórico e actual do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, así como a promoción e difusión dos valores a eles asociados nas súas diferentes facianas. A Cátedra xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.