Pasar al contenido principal
STG

A Aula de Teatro da USC, seleccionada para os Rencontres Internationales de Théâtre Universitaire de Liexa

A obra da Aula de Teatro da USC está adaptada e dirixida por Roberto Salgueiro
A obra da Aula de Teatro da USC está adaptada e dirixida por Roberto Salgueiro
Trátase do festival de teatro académico máis antigo de Europa
Santiago de Compostela

A peza Irmás, de Pascal Rambert, estreada no pasado mes decembro pola compañía da Aula de Teatro da USC, acaba de ser seleccionada para participar na cuadraxésimo terceira edición dos Rencontres Internationales de Théâtre Universitaire (RITU) que se desenvolverán entre o 24 e o 28 de febreiro en Liexa (Bélxica).

Este é o festival internacional de teatro académico máis antigo de Europa e na presente edición seleccionouse un total de once espectáculos procedentes de Bélxica, Camerún, República Democrática do Congo, Xeorxia, Marrocos, Croacia, México e España. A obra da Aula de Teatro da USC está adaptada e dirixida por Roberto Salgueiro. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.02.2026.