Pasar al contenido principal
STG

Reflexión na EPSE sobre o Goberno de Trump

rawpixel.com / National Archives
rawpixel.com / National Archives
No Encontro de Lúa Chea deste xoves 26

Os 'Encontros de Lúa Chea', un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural, ofrece o xoves 26 de febreiro o faladoiro 'A administración Trump: unha nova orde mundial?'.

O debate, a desenvolver ás 19.00 horas na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, contará coa participación de Daniel G. Palau, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e Bernardo Valdês Paços, profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC.

A iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio asinado por USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Sobre o encontro

Xaneiro de 2025 marcou o inicio dun cambio profundo nas relacións internacionais. A segunda chegada ao poder de Donald Trump mudou radicalmente o papel que os Estados Unidos de América viñan xogando na xeopolítica internacional. Neste último ano cada día existen ameazas directas a países tradicionalmente aliados dos EUA, ao tempo se dá unha escalada na violencia dos conflitos bélicos que afectan a moitas áreas do planeta. O mundo asiste a unha retórica abertamente racista e colonial, que tamén se trasladou ao interior dos EUA con actuacións de política migratoria que até hai ben pouco tempo non se podía nin imaxinar.

A outra parte da ecuación son os cambios nas políticas comerciais. As regras que viñan definindo o comercio internacional deixaron de funcionar, e a administración Trump iniciou unha escalada de ameazas arancelarias contra aliados comerciais tradicionais, como Canada, México ou a EU, á vez que afonda no enfrontamento comercial contra China.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.02.2026.