Pasar al contenido principal
STG

XV Foro de Interacción Matemática-Industria (Industry Day)

22.05.2026 | 09.15h-15.00h

Facultade de Matemáticas
Salón de actos

O encontro será en Matemáticas. Foto: Santi Alvite
O encontro será en Matemáticas. Foto: Santi Alvite

O 22 de maio de 2026 desenvolverase na USC o XV Foro de Interacción Matemática Industria, grazas á colaboración entre a Red Española Matemática-Industria (math-in) e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).

Co foro preténdese incrementar as relacións entre a Empresa e a Universidade no campo da Matemática Aplicada, mostrando o potencial das matemáticas, a simulación numérica, a estatística e a investigación operativa e estimulando a cooperación. Ademais, buscaranse solucións e ideas sobre os problemas industriais existentes e estableceranse relacións de traballo duradeiras e produtivas entre a comunidade matemática especializada en investigación aplicada e a industria.

Do mesmo xeito, propoñeranse novas liñas de investigación baseadas en resolver retos empresariais e que afecta ao tecido industrial á vez que se afianza a importancia das Matemáticas na industria e dos perfís matemáticos nas compañías. Estimular unha maior conciencia na comunidade do poder das matemáticas na prestación de vías de solución aos problemas do mundo real e favorecer a incorporación de persoal técnico especializado á empresa son outros dos obxectivos do encontro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2026.