Aberta a convocatoria de axudas á creación e aos proxectos de agrupacións teatrais e de danza
Ata o 13 de marzo a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura mantén aberto o prazo de solicitude da convocatoria de axudas á creación e aos proxectos de agrupacións teatrais e de danza.
A convocatoria, cun orzamento de 7.000 euros, está aberta a todas as agrupacións teatrais e de danza dadas de alta no Rexistro de Compañías da Área de Cultura da Vicerreitoría e está aberta a toda clase de propostas escénicas, incluídas as performance, accións, espectáculos híbridos... ademais da estrea de pezas literarias ou creacións colectivas. Non se concederán axudas a conceptos que tiveran sido subsidiados en convocatorias anteriores.
Para a concesión destas axudas, valorarase positivamente que a dirección do traballo sexa dun membro da comunidade universitaria, así como que a totalidade da compañía pertenza á USC (estudantado, PTXAS, PDI).