Pasar al contenido principal
STG

Propoñen unha reflexión sobre as dinámicas actuais de poder e gobernanza e os acontecementos que están marcando a axenda global

Conferencia internacional ‘Democracia e gobernanza global: cambios no século XXI’
Conferencia internacional ‘Democracia e gobernanza global: cambios no século XXI’
Na conferencia internacional ‘Democracia e gobernanza global: cambios no século XXI’ que terá lugar o luns 9 no CEA

IDEAGOV, o Centro Internacional para a Descentralización e a Gobernanza con sede na USC, organiza xunto co Foro Económico de Galicia a conferencia internacional ‘Democracia e gobernanza global: cambios no século XXI’, que terá lugar o 9 de marzo no Centro de Estudos Avanzados para procurar entender as dinámicas actuais de poder así como os acontecementos que están marcando a axenda tanto en Estados Unidos como a nivel global.

O encontro inaugurarano ás 16.00 horas o reitor Antonio López; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o presidente do Foro Económico de Galicia, Víctor Nogueira; e o responsable de IDEAGOV; Santiago Lago.

A xornada organízase en dous paneis de discusión. Un primeiro sobre a polarización e o conflito político en democracia, no que participarán Jonathan Rodden, da Universidade de Stanford, que analizará as raíces da animosidade partidista; e Pablo Beramendi, da Universidade de Duke, que profundará no estado actual da democracia en Estados Unidos desde unha perspectiva comparada. A profesora da USC María Loureiro actuou como moderadora.

O segundo panel xirará en torno ao unilateralismo e as crises humanitarias globais, e nel interveñen Erik Wibbels e Guy Grossman, da Universidade de Pennsylvania, así como a redución da axuda internacional e os desafíos resultantes para os países que acollen persoas refuxiadas. A profesora da Autónoma de Madrid Miriam Hortas-Rico será quen modere o debate.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.03.2026.