Pasar al contenido principal
STG

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC inaugura este venres un centro de interese sobre Cervantes e Shakespeare

A profesora na Facultade de Humanidades Concepción Fernández presentará, ás 13.00 horas, esta nova iniciativa da biblioteca

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC abrirá este venres, ás 13.00 horas, un centro de interese que leva por título ‘Cervantes e Shakespeare na Biblioteca Intercentros’.

A profesora na Facultade de Humanidades da USC Concepción Fernández, que fará unha breve introdución ao tema, e a directora da Biblioteca Intercentros, Julia Cantalapiedra, abrirán, ás 13.00 horas, a iniciativa coa que esta biblioteca universitaria do Campus Terra se suma á celebración do Día do Libro y do IV Centenario do pasamento de Cervantes e Shakespeare.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.04.2016.