Pasar al contenido principal
STG

A Escola Universitaria de Relacións Laborais abre este martes os actos conmemorativos do seu vixésimo aniversario

A Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus Terra da USC abre este martes os actos conmemorativos do vixésimo aniversario da posta en marcha deste centro universitario coa celebración, a partir das 19.30 horas, dun acto de inauguración no que participarán, ademais de profesores e estudantes, autoridades académicas e políticas, así como representantes e cargos de empresas e institucións que ao longo destas dúas décadas teñen colaborado coa actividade promovida pola Fundación Campus na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, participará na apertura deste do 20 aniversario do centro universitario, unha sesión na que tamén está prevista a participación da directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais, Mercedes Montes; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos; o presidente da Cármara de Comercio, a delegada da Xunta en Lugo, entre outros representantes políticos e institucionais. O programa organizado pola Escola Universitaria de Relacións Laborais co gallo desta efeméride prolongarase durante as xornadas do 27 e 28 de abril, durante as que se desenvolverán en quenda de mañá e tarde diferentes relatorios, mesas de debate, concursos e coloquios, cuxa temática xirará arredor das relacións laborais e os recursos humanos. A profesora do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos Leticia García Alejandre, abrirá o mércores 27 o programa conmemorativo cunha masterclass sobre a xestión dos recursos humanos na actualidade. A importancia das relacións laborais nos diferentes sectores económicos e a evolución futura da carreira profesional no ámbito dos recursos humanos centrarán as sesións programadas na xornada do martes, durante a que se fallará o concurso fotográfico de Instagram logo dunha exposición virtual dos traballos presentados. O futuro das relacións laborais capitalizará os debates da xornada do mércores, na que están programados dous relatorios, un a cargo da Rede Galega de Dinamización Xuvenil e outro sobre a importancia das relacións laborais na actualidade e no futuro, ademais da celebración dun concurso orientado á participación de estudantes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2016.