Pasar al contenido principal
STG

O activista Juan Sosa Maldonado analiza en Formación do Profesorado a desaparición de 43 estudantes mexicanos en Iguala

Juan Sosa Maldonado
Juan Sosa Maldonado

O avogado e activista mexicano Juan Sosa Maldonado, defensor dos dereitos humanos, de pobos e de comunidades indíxenas de Oaxaca (México) e dirixente da Organización de Pueblos Indígenas Zapotecos (OPIZ), ofrecerá este mércores, a partir das 19.00 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo, o relatorio ‘Os 43: terrorismo de Estado contra estudantes mexicanos’.

Na súa intervención, Sosa Maldonado, quen foi vítima de desaparición forzosa o 15 de xullo de 1998 e foi sometido a torturas físicas e psicolóxicas durante os 25 días que durou, ofrecerá no seu relato unha presentación xenérica sobre as violacións dos dereitos humanos en México. A súa exposición abordará de xeito particular o contexto da desaparición forzosa dos 43 estudantes de Maxisterio da Escuela Normal Rural de Ayotzinapa durante a noite do 26 de setembro de 2014 na cidade de Iguala (Estado de Guerrero), así como as súas consecuencias e a situación actual.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.04.2016.