Pasar al contenido principal
STG

Preto de 200 alumnos exercerán o vindeiro curso de titores do alumnado de novo ingreso

O alumnado que o vindeiro curso desexe exercer como titor dos estudantes de novo ingreso pode formalizar ata o próximo 9 de febreiro a súa solicitude no Programa de Titores, iniciativa que, á súa vez, poderán validar por seis créditos ECTS. Esta é unha convocatoria aberta a alumnado que teña superado, como mínimo, 60 créditos e para a que se ofertan 136 prazas en Santiago e 60 en Lugo. As solicitudes deberán presentarse nos decanatos ou direccións dos respectivos centros.

O programa inclúe unha primeira etapa formativa de carácter teórico, na que o alumnado recibirá información completa sobre a USC en xeral e sobre o seu centro de procedencia en particular, así como formación nas técnicas precisas para poder orientar ao estudantado que o vindeiro curso se incorporará á USC. As clases celebraranse entre o 29 de febreiro e o 17 de marzo de luns a xoves en horario de 20.15 a 21.45 horas. No campus compostelán impartiranas na Facultade de Farmacia e na de Administración e Dirección de Empresas en Lugo.

Na segunda etapa, as persoas que se inscriban exercerán de titores do novo alumnado durante todo o ano académico e colaborarán na difusión das actividades da USC nos centros de ensino medio de Galicia ou nas visitas guiadas que os estudantes de ensino medio realizarán á USC, entre outras actividades.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.02.2016.