Pasar al contenido principal
STG

O CLM organiza un obradoiro sobre a adquisición de competencias comunicativas en portugués e español

‘O sábado não é dia para passar na oficina’ (ou da difícil adquisición da competencia comunicativa entre os estudantes portugueses de español e viceversa) é o lema dun obradoiro que se vai celebrar este mércores 20 con carácter gratuíto e sen necesidade de inscrición previa. A sesión celebrarase na Aula de Linguas 3.11 da Facultade de Química entre as 18.00 e as 19.30 horas.

Impartirao Alberto Madrona Fernández, especialista na ensinanza de Español como Lingua Estranxeira (ELE) e profesor da Universidade Nova de Lisboa. Entre 1994 e 2002 impartiu clases de ELE en Romanía e Islandia para logo incorporarse ao Instituto Cervantes no Cairo, e en 2005 pasou a ser xefe de estudo en Tel Aviv e en 2010 en Lisboa. Actualmente é profesor auxiliar convidado na Universidade Nova de Lisboa onde coordina o máster en Ensinanza do ELE e na Universidade da Rioxa imparte un módulo dun máster neste mesmo ámbito.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.01.2016.