Pasar al contenido principal
STG

A formación de posgrao e as alternativas de inserción laboral centran a temática unha xornada na Escola de Enfermaría

Participantes nas xornadas de posgrao e inserción laboral en Enfermaría
Participantes nas xornadas de posgrao e inserción laboral en Enfermaría
Javier Bueno destaca o alto nivel de empregabilidade no estranxeiro dos enfermeiros egresados/as do campus de Lugo na apertura dun foro que cita máis de 50 estudantes

A formación de posgrao e as alternativas de empregabilidade no ámbito público e privado para os titulados en Enfermaría centran a temática das xornadas universitarias de posgrao e orientación laboral organizadas este luns na Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Lugo e na que participan máis de medio centenar de titulados e estudantes de último curso de grao.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, que participou na apertura deste foro xunto coa directora da Escola Universitaria de Enfermaría do campus lugués, María Asunción Núñez Magdalena, destacou na súa intervención o alto nivel de empregabilidade dos enfermeiros/as egresados/as do campus de Lugo no estranxeiro. A predisposición do alumnado de Enfermaría a enfocar o seu futuro laboral fóra de España tradúcese, segundo indicou Bueno Lema, na aprendizaxe doutros idiomas e na conseguinte demanda de cursos no Centro de Linguas Modernas da USC. Logo do acto de apertura, o subdirector de Recursos Humanos da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Francisco Javier Pena Corredoira, abriu a quenda de intervencións deste foro cun relatorio sobre a inserción laboral dos enfermeiros no ámbito público. As axudas que ofrece a USC para a realización de actividades formativas de posgrao da USC centrou o relatorio ofrecido por Ramón Mazoy Fernández, técnico da área de Xestión e Valorización de I+D+i da USC. A presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello, falou neste foro sobre a colexiación dos profesionais da enfermaría, mentres que Modesto García Fernández, da Subdelegación de Defensa, e Fernando Sánchez Chapela, enfermeiro e tenente reservista, pecharon a xornada cunha charla sobre enfermaría militar. Asunción Núñez Magdalena e Javier Bueno, na apertura das xornadas

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.03.2016.