Pasar al contenido principal
STG

Filoloxía conmemora o seu patrón, Santo Isidoro

Cartel da xornada
Cartel da xornada

Filoloxía conmemorará este xoves 25 a festividade do seu patrón, Santo Isidoro, no transcurso dun acto no Salón de Actos do centro no que tamén se entregarán os premios aos mellores expedientes de grao e mestrado do pasado curso.

A partir das 18.00 horas, abrirá a sesión unha mesa redonda que, ao abeiro do lema latino Possunt, quia posse videntur (Poden porque coida que poden), acollerá a catro egresados nas titulacións filolóxicas. O sentido da mesa é crear un diálogo xeracional entre os titulados recentes e profesionais do mundo do libro (biblioteca e arquivo, edición, creación), da tradución, da investigación e do ensino. Logo da entrega dos premios, o Trío de corda da Orquestra Universitaria, vinculado ao Plan de micromecenado Universitas Musica, ofrecerá un breve concerto.

A celebración pretende asemade darlles continuidade a outras iniciativas académicas e culturais do centro. Entre elas, cabe salientar a vontade de festexar, tamén co gallo do patrón do centro, os vinte e cinco anos da actual sede da Facultade de Filoloxía cumpridos o pasado ano 2017. Porén, o precedente máis inmediato é a Festa das Palabras en Filoloxía, ciclo de actividades arredor da onomástica, ámbito de especialización académica vinculado á produción escrita de Isidoro de Sevilla, que tivo lugar en abril de 2018.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2019.