Pasar al contenido principal
STG

Rematan na USC os actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán

Rematan na USC os actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán
Rematan na USC os actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán

Os actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán (1866-2016) organizados pola Cátedra Valle-Inclán da USC clausuraranse este venres 16 con dous actos, ambos adscritos ao ciclo de conferencias e á exposición ‘Valle-Inclán, xenio e figura’ que pode visitarse no Colexio de Fonseca.

A primeira das actividades será a mesa redonda ‘Traducir a Valle-Inclán’ na que, ás 12.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, intervirán os tradutores e especialistas na obra do escritor galego Dianella Gambini, da Universitá per Stranieri di Perugia; Bruce Swansey, do Trinity College de Dublín; e Dolors Sabaté Planes, da USC.

Xa ás 19.00 horas no Salón Nobre de Fonseca terá lugar a conferencia de clausura ‘Retratos e caricaturas de Valle-Inclán: alegorías de si mesmo’, impartida polo profesor da USC José Manuel López Vázquez. A continuación haberá unha visita guiada ás tres seccións da exposición ‘ Valle-Inclán, xenio e figura’.

Os actos do 150 aniversario contaron co patrocinio da Universidade de Santiago, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega e a colaboración da Facultade de Filoloxía e da súa biblioteca, da Biblioteca Xeral da USC, da Fundación da Cidade da Cultura e do CAFI.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.12.2016.