Pasar al contenido principal
STG

O quinto Curso de Divulgación profunda na presenza da Química na vida cotiá

O quinto Curso de Divulgación profunda na presenza da Química na vida cotiá
O quinto Curso de Divulgación profunda na presenza da Química na vida cotiá

Por quinto ano, o Curso de Divulgación súmase á programación da Universidade de Verán nesta ocasión co lema ‘ Química, a ciencia que envolve a nosa vida’, unha proposta que dirixen Pilar Bermejo Barrera e Carmen M. García Jares cunha carga lectiva de 30 horas. O curso celebrarase do 13 ao 16 de xuño na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química.

Co abano de intervencións deseñado, abordaranse unha serie de consideracións sobre as implicacións da química na sociedade actual, así como a relación desta área coa saúde e coa industria e o medio ambiente. No primeiro caso, prestarase atención ao impacto económico da industria química pero tamén aos procesos e aplicacións da bioxeoquímica na recuperación de solos e ao impacto de actividades antropoxénicas sobre a calidade dos sistemas acuáticos, entre outros.

No capítulo das implicacións deste ciencia na sociedade actual debaterase sobre as novas oportunidades que brinda na investigación dos delitos e particularmente na detección de drogas, así como nas ciencias forenses, a historia químicas dos vaqueiros ou a idade dos materiais. No último bloque, á relativa á saúde, falarase sobre a neuroquímica da función cerebral, a seguridade e control analítico dos produtos cosméticos e sobre o percorrido dende a química do fármaco ao efecto terapéutico do medicamento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.05.2016.