Conferencia de Alumni USC en Farmacia sobre mitos e verdades da nutrición

Alumni USC organiza este martes 2 a conferencia-coloquio ‘Nutrición: mitos e verdades’ que impartirá a nutricionista Marisol Filgueiras a partir das 19.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia. A charla servirá para abordar a nutrición poñendo límites aos falsos mitos e confrontándoos coas certezas respecto da súa incidencia na saúde. Marisol Filgueiras é licenciada en Farmacia pola USC e graduada en Nutrición en Dietética pola Universidade Alfonso X El Sabio.
Entre outras cuestións, a conferencia profundará en cuestións relativas a como e por que evitar alimentos ultraprocesados; en que elementos debe basearse unha dieta equilibrada e como construír un menú diario, resaltando a importancia da fibra para equilibrar a dieta e a súa incidencia na floral intestinal; ou sobre estratexias para cambiar de hábitos.