Pasar al contenido principal
STG

Especialistas de Alemaña, Austria, España, Francia, Hungría, Italia e Polonia xúntanse na USC no congreso que revisa o teatro de Goldoni

Especialistas de Alemaña, Austria, España, Francia Hungría, Italia e Polonia pecharán esta semana na USC as actividades desenvolvidas no proxecto de investigación ‘Arquivo do teatro pregoldiano’ que pretende identificar e editar obras teatrais italianas de entre 1650 e 1750 e cuxas características adianten as vías que seguirá a reforma da comedia realizada por Carlo Goldoni (Venecia 1707 – París 1793), creador do teatro moderno italiano e considerado un dos máis altos cumios do teatro occidental e mundial. O proxecto levouno a cabo un equipo de expertos e expertas procedentes de Italia, Francia, España e Austria dirixido polo profesor da USC Javier Gutiérrez Carou A actividade coa que rematará o traballo deste proxecto é o congreso internacional ‘ Goldoni avant la lettre: esperienze teatrali pregoldoniane (1650-1750)’ no que participarán 66 investigadores que se reunirán entre este mércores 15 e o venres 17 na Facultade de Filoloxía da USC. O reitor Juan Viaño presidirá este mércores 15 o acto inaugural da xuntanza nun acto ás 9.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. O coordinador do evento, o profesor Gutiérrez Carou, explica que o congreso espertou un elevado interese como demostra que non puideron ser admitidas todas as propostas de participación recibidas “a pesar da súa calidade”. A xuntanza abrirá o debate sobre o proxecto, os seus logros e a tarefa aínda por realizar a toda a comunidade internacional.

O proxecto ‘ Arquivo do teatro pregoldoniano’ pretende identificar todas as obras teatrais italianas, coñecidas ou non polo dramaturgo veneciano, nas que sexa posible detectar características útiles para botar luz sobre os itinerarios da reforma goldoniana en toda a súa variedade histórico-artística. Por outra banda, a colaboración internacional tamén tiña como obxectivo sinalar os textos (e paratextos) dramáticos que circulaban na época, tanto en circuítos teatrais como en forma de libro, que formaban parte do humus en que medrou o veneciano como dramaturgo. Nunha fase posterior, realizarase a edición crítica e comentada de vinte destas obras, que constituirán o núcleo fundacional da ‘Biblioteca pregoldoniana’. Estas edicións estarán ao dispor dos estudosos, que poderán descargalas en formato PDF dende esta páxina web.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2015.