Pasar al contenido principal
STG

Proxección en Humanidades do filme ‘A mesma terra’, de Jorge Coira e Iago Mazoy

O Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia, unha actividade promovida e organizada polo colectivo Ruralia en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC, proxectará este martes, a partir das 19.30 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, o filme ‘A mesma terra’, unha produción dirixida por Jorge Coira e Iago Mazoy. Esta produción cinematográfica, que se emitirá na súa versión orixinal en galego, afonda na idea de permanencia da terra como xerme da vida, un enfoque especialmente localizado en Galicia, onde a terra está dividida en trece millóns de anacos. A problemática histórica para acceder á propiedade da terra en Galicia e o actual paradoxo que representa o abandono son dous aspectos abordados neste filme, no que se apunta a necesidade de corrixir esta situación para evitar unha problemática maior no futuro próximo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2015.