Pasar al contenido principal
STG

O pintor Julio Díaz Gesto amosa a súas ‘Olladas de Lugo’ na Facultade de Humanidades

O pintor Julio Díaz Gesto amosa a súas ‘Olladas de Lugo’ na Facultade de Humanidades
O pintor Julio Díaz Gesto amosa a súas ‘Olladas de Lugo’ na Facultade de Humanidades
A vicerreitora Carme Silva inaugura este mércores a mostra, que permanecerá aberta no Salón de Graos de Humanidades ata o 20 de maio

O artista lugués Julio Díaz Gesto expón desde o mércores 29 de abril na Facultade de Humanidades do campus de Lugo a mostra ‘Olladas de Lugo’, un elenco de obras pictóricas na que recompila diversas facetas da vida da cidade nas que se mesturan lugares, celebracións, personaxes … < /div> A recreación de diversas paisaxes da urbe amurallada en diferentes estacións do ano e en diversos momentos do día constitúen un dos elementos destacables desta mostra de Díaz Gesto, quen tamén retrata nas súas creación personaxes e os recordos de acontecementos relacionados co calendario festivo. A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, e a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey, acompañadas do propio artista, inaugurarán este mércores 29 ás 18.00 horas a mostra de Díaz Gesto no Salón de Graos da Facultade de Humanidades, onde permanecerá aberta ao público ata o 20 de maio en quenda de mañá, de 11.00 a 14.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.04.2015.