Pasar al contenido principal
STG

A académica cubana Ana María González ofrece en Humanidades o relatorio ‘Desde a Habana, palabras e piropos’

O acto, que comezará ás 11.00 horas no salón de graos, servirá para a presentación da obra ‘De Lezama Lima a Severo Sarduy: Lenguaje y neobarroco en Cuba’

A doutora en Ciencias Filolóxicas e Máster en Lingüística Hispánica, Ana María González Maduf, que tamén é membro da Academia Cubana da Lingua e correspondente en Cuba da Real Academia Española, ofrecerá este xoves, a partir das 11.00 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, o relatorio ‘Desde a Habana, palabras e piropos’.

O relatorio ofrecido de González Maduf, organizado pola Cátedra de Cultura Cubana ‘Alejo Carpentier’ da USC, que dirixe a profesora Ana Gloria Chouciño, servirá asemade para presentar o volume ‘De Lezama Lima a Severo Sarduy: Lenguaje neobarroco en Cuba’, unha obra que vén de incorporarse á Biblioteca da Cátedra de Cultura Cubana ‘Alejo Carpetier’ da USC e da que son coautores Ana María González Maduf e Luis Álvarez Álvarez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.03.2015.