Pasar al contenido principal
STG

A USC lamenta o falecemento de Juan José Torres Labandeira

A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu fondo pesar polo falecemento de Juan José Torres Labandeira, profesor do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica e exdecano da Facultade de Farmacia da USC. Investigador no eido das formas de dosificicación e sistemas de liberación de fármacos, realizou estadías en Xapón Irlanda e Estados Unidos. A súa produción científica incluía medio centenar de publicacións recollidas en revistas internacionais de tecnoloxía farmacéutica, dúas patentes e a dirección de numerosas teses de doutoramento, traballos de investigación tutelados e traballos academicamente dirixidos. Era membro do comité científico dos sucesivos congresos internacionais de ciclodextrinas, encontros nos que se presentan os últimos avances neste campo no que se desenvolve unha intensa investigación no eido mundial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.03.2015.