Pasar al contenido principal
STG

A Unidade de Atención Temperá lanza unha formación gratuíta sobre ciberacoso

O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de xuño

A Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela mantén aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 10 de xuño nunha nova actividade formativa gratuíta na que se darán as claves para previr e tratar casos de ciberacoso. Organizaranse conferencias para pais e nais de menores de ata 12 anos e talleres para nenas e nenos nos que se afondará nas técnicas adecuadas para axudar en contornas familiares a detectar e tratar este tipo de casos. A actividade conta co apoio da fundación compostelá José Otero y Carmela Martínez, entidade privada implicada no apoio á formación así como a programas de investigación e de axuda á infancia e á terceira idade. Para a familia Os interesados en participar nestas actividades deberán inscribirse a través do formulario de contacto da páxina web da Unidade de Atención Temperá ou enviando un correo electrónico a mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mailto:mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es). A actividade desenvolverase na sede da Unidade de Atención Temperá da USC, na facultade de Psicoloxía, nunha data do mes de xuño a determinar entre a organización e as persoas inscritas. A iniciativa resposta ás peticións de pais e nais, tanto usuarios da Unidade como externos, que demandaban a organización de actividades sobre esta temática. De feito, persoal da Unidade xa leva traballando dende finais de maio en diferentes obradoiros gratuítos con pequenos grupos de nenos e nenas achegando claves de prevención sobre ciberbullying.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.06.2015.