Pasar al contenido principal
STG

Docentes de xaponés en España analizarán na USC a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe desta lingua

Docentes de xaponés en España analizarán na USC a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe desta lingua
Docentes de xaponés en España analizarán na USC a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe desta lingua

A Facultade de Filoloxía da USC é o lugar escollido para a celebración do terceiro Simposio da Asociación de Profesores de Xaponés en España (APJE), cita na que o obxectivo será reflexionar sobre como os docentes desa lingua poden fomentar a autonomía do alumnado e enlazala coas actividades en clase. Ata o próximo día 12, a matrícula realizarase a través da páxina web da asociación. Promovido pola APJE, o Centro de Linguas Modernas e a Facultade de Filoloxía da USC, o encontro busca o debate arredor dos distintos recursos dispoñibles para o ensino e aprendizaxe do xaponés. Docentes desta lingua sinalan o ascendente número de persoas que a estudan en clave autodidacta con recursos da rede, ante o que propoñen reflexionar sobre os tipos de ambiente de aprendizaxe existentes fóra da clase e ata onde pode chegar o alumnado pola súa conta. O programa deste simposio celebrarase os días 26 e 27 de xuño e permitirá aos docentes de xaponés analizar como fomentar a autonomía do alumnado enlazándoa coa actividades desenvolvidas en aula.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.06.2015.