O profesor Santiago Brage fala de seitas este venres na Unidade de Atención Temperá da USC
O profesor de Dereito Penal e do Instituto de Criminoloxía da USC Santiago Brage impartirá este venres 27 unha charla informativa sobre as seitas na que explicará o proceso e técnicas de captación e cómo debe tratarse esta situación nas contornas familiares.
A charla -de asistencia libre e gratuíta, previa inscrición no enderezo mjosecarmen.buceta [at] usc.es- terá lugar ás 20.00 horas nas instalacións da Unidade na Facultade de Psicoloxía e está enmarcada no ciclo Choiva de ideas, que ata o de agora tratou cuestións diversas como os procesos de adopción, a nutrición infantil ou os nenos roubados.