Pasar al contenido principal
STG

A partición da India e a presenza da USC en Bangladesh, a análise o luns nos Encontros Internacionais Cultura e Política

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
O foro, que terá como relatores a Max-Jean Zins e Santiago Fernández Mosquera, desenvolverase a partir das 19.00 horas no auditorio da Casa do Saber de Lugo

As causas da partición da India en tres novos estados e o proxecto da Universidade de Santiago en Bangladesh a través da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Española serán temas de análise e debate no marco da primeira xornada dos Encontros Internacionais: Cultura e Político, un foro que se desenvolverá o luns 11 de maio, a partir das 19.00 horas, no auditorio da Casa do Saber.

O profesor ad Honorem da Facultade de Humanidades da USC e ex director de Cooperación entre Francia e Asia do Sur no campo das Ciencias Sociais, Max-Jean Zins, e o catedrático e responsable da USC na Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Española en Dhaka, Bangladesh, Santiago Fernández Mosquera, serán os relatores que intervirán nesta sesión. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, actuará como moderador da sesión, que está aberta á participación de todas as persoas interesadas na tema.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2015.