Pasar al contenido principal
STG

O programa de estímulo do talento matemático Estalmat-Galicia mantén aberta a inscrición ata o día 30

A sétima promoción de Estalmat-Galicia recibiu os seus diplomas o sábado pasado (Foto: Santi Alvite)
A sétima promoción de Estalmat-Galicia recibiu os seus diplomas o sábado pasado (Foto: Santi Alvite)
Diríxese a rapaces e rapazas galegos de 12 e 13 anos con especial destreza e gusto polos números

Os rapaces e rapazas galegos nacidos nos anos 2002 e 2003 e con especial interese e destreza en matemáticas dispoñen ata o día 30 deste mes para inscribirse no programa de estímulo do talento matemático Estalmat-Galicia que seleccionará entre todos os participantes os que destaquen polas súas aptitudes avanzadas. Quen desexe participar na oitava edición debe inscribirse previamente na proba de selección que terá lugar o vindeiro 6 de xuño ás 10.00 horas na Facultade de Matemáticas. O grupo seleccionado participará en distintas actividades as mañás dos sábados dos vindeiros dous anos na facultade compostelá. Alí serán titorizados por un equipo docente de medio cento de profesores de centros de ensino medio e das tres universidades galegas, especialmente formados para este cometido e moi comprometidos co proxecto. Ao remate dos dous anos os estudantes poden participar no ESTALMAT PI-Galicia, que consta de 12 sesións máis. Na última convocatoria, que rematou este sábado pasado, participaron 26 rapaces e rapazas seleccionados en 2013 entre un total de 354, 147 nenas e 207 nenos. Por provincias, 15 procedían da Coruña, 8 de Pontevedra, 1 de Lugo e outro de Ourense. A esta promoción incorporouse no segundo curso un estudante de ESTALMAT-León que trasladou a súa residencia a Santiago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.05.2015.