Pasar al contenido principal
STG

Sete problemas a resolver na XVIII Olimpíada Iberoamericana de Matemática Universitaria

Unha decena de estudantes da USC participan este sábado 7 nas probas da XVIII Olimpíada Iberoamericana de Matemática Universitaria que se desenvolverán na facultade de Matemáticas a partir das 10.00 horas. O certame xa vai pola cuarta edición, “en sintonía coa doce etapa que están a vivir as matemáticas, en particular, e as ciencias, en xeral, na USC”, explica o profesor Felipe Gago.

A OIMU está coordinada polo Centro de Investigación Matemática (CIMAT) de Guanajuato, México, e a convocatoria en España corre a cargo da Real Sociedade Matemática Española. Na USC, a Facultade de Matemáticas é a encargada da organización. A participación está aberta a todo o alumnado da USC, coa única condición de non contar con ningún titulo universitario.

As probas desenvolveranse ao longo de catro horas, nas que traballarán en sete problemas de dificultade variable.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.11.2015.