Pasar al contenido principal
STG

O Foro de Diálogo Local reflexiona sobre xestión enerxética de cidades intelixentes e tendencias de aforro

Xestión enerxética de cidades intelixentes –smartcities- e tendencias en materia de aforro e eficiencia enerxética son dous dos temas a tratar no Foro Diálogo Local ‘Smartcities e enerxía’, promovido polo Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC en colaboración con Energylab e o Concello de Santiago. A asistencia ao encontro, o próximo xoves 26 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, é gratuíta previa inscrición. Esta é unha actividade ligada aos proxectos europeos LIFE-OPERE e PLEEC do programa FP7.

O programa deseñouse para analizar as estratexias actuais da xestión enerxética de smartcities, presentar diferentes proxectos europeos sobre uso eficiente da enerxía e analizar as tendencias futuras neste eidos. Intervirán institucións e empresas do sector como Faimevi, CTAG, Setga, CO2 Smart Tech, ITG ou ICOIIG, entre outros. O encontro diríxese á comunidade universitaria, investigadores/as e e empresarios/as, así como a persoal técnico do sector enerxético, persoal instalador de sistemas de enerxía e de mantemento e público en xeral interesado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2015.