Pasar al contenido principal
STG

O curso Akademia Project preséntase este martes á comunidade universitaria compostelá

Este martes en Farmacia nun acto aberto a todo o público interesado

A USC e a Fundación Innovación Bankinter promoven a sétima edición de Akademia Project, un curso de carácter gratuíto que busca estimular a actitude innovadora e espertar o espírito emprendedor entre estudantes das principais universidades españolas. As persoas que o cursen terán a oportunidade de vivir o proceso completo de innovación, desenvolvendo un proxecto emprendedor coa axuda de emprendedores e business angels.

Este martes 6 de outubro, ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia, está prevista unha sesión de presentación de Akademia Project para todo o alumnado interesado. O curso desenvólvese en diversas universidades de toda España, e no caso da institución compostelá conta co apoio da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE).

A través dun programa único, esta iniciativa aposta por unha formación diferente enfocada a desenvolver o pensamento creativo e a resolución de problemas con respostas innovadoras que acheguen valor. Ao longo do curso analizaranse tendencias clave de innovación na actualidade, da man de profesionais e emprendedores de primeiro nivel. Ademais, ao rematar o curso, poderán realizarse prácticas en empresas nacionais e internacionais que apostan pola innovación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.10.2015.