Pasar al contenido principal
STG

Estudan o uso dos eufemismos no discurso dos medios de comunicación

O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acolle este venres 16 a xornada de estudio Néologismes euphémiques, organizada polas investigadoras da área de Filoloxía Francesa Montserrat López Díaz e Nuria Rodríguez Pedreira no marco dun proxecto de investigación sobre o uso de eufemismos nos medios de comunicación.

O encontro conta coa intervención de varios especialistas europeos, entre os que cabe destacar algúns representantes de primeira fila da lingüística francófona. Así, estarán presentes as universidades de París 13 Sorbonne, Berna, Lodz, Lille 3 e a USC, da que as profesoras organizadoras presentarán dous relatorios sobre a eufemización dos nomes das profesións nas ofertas de emprego e dos suxeitos en tempos de crise.

“O tema da eufemización do discurso ten plena vixencia nos tempos que corren, cando en moitas ocasións aqueles que toman decisións empregan unha linguaxe edulcorada, pero tamén insidiosa, que silencia a dimensión real dos problemas da sociedade”, explican as organizadoras.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.10.2015.