Pasar al contenido principal
STG

Farmacia celebrou a festividade da súa patroa

O vicerreitor Xosé Pereira presidiu o acto (Foto: Santi Alvite)
O vicerreitor Xosé Pereira presidiu o acto (Foto: Santi Alvite)

A Facultade de Farmacia celebrou este sábado o acto da súa patroa coa entrega da medalla conmemorativa dos 25 anos de docencia no centro a Francisco Javier Otero Espinar e a Mª Reyes Laguna Francia e da insignia de ouro ao PDI xubilado Mª Elena Bermejo González, Mª Ángeles Gato González, Romero López-Grado, Rosa Mª Villar Cordovés e Mª Isabel Cadavid Torres, esta última encargada de pronunciar a conferencia ‘De Fonseca ao Campus Vida: testemuña da evolución da Farmacoloxía’.

A celebración rematou coa entrega dos diplomas aos doutores do curso 2014-15 Bárbara Blanco, Jorge Filipe Correia, Anxo Fernández, Paula Freixeiro, Andrea Pensado, Lucía Pereira e Saleta Vázquez. Así mesmo, o alumno Adrián Blanco Fernández recolleu o seu premio do II concurso de ideas para a portada de Traballo Fin de Grao, que tivo dous accésits para Mª Ángeles Muñoz Crego e Andrea Conde Penedo.

Ao acto, que estivo presidido polo vicerreitor Xosé Pereira, asistiron ademais decana da facultade, Isabel Sández Macho, representantes dos Colexios Farmacéuticos da Coruña e Pontevedra e da Dirección Xeral de Farmacia; os decanos de Ciencias Políticas e Medicina, María Antonia Arias e Juan Gestal; e o presidente da Academia de Farmacia de Galicia, Manuel Puga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2015.