Pasar al contenido principal
STG

Segue en directo o desenvolvemento do Claustro Universitario

O órgano debate este xoves as liñas xerais do orzamento para 2016

O Claustro da Universidade de Santiago reúnese este xoves 3 para, entre outros asuntos, someter a aprobación as Liñas Xerais do Orzamento e da actualización da Programación Plurianual. A reunión, que poderá seguirse en directo a través de USC TV, terá lugar a partir das 10.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía.

Previo a ese punto terá lugar a presentación do informe do reitor e do valedor da comunidade universitaria así como do Plan de Financiamento do SUG e da actualización do Plan Económico Financeiro de Reequilibrio. Logo das liñas xerais de orzamento e da programación plurianual terá lugar un último punto de modificación das Liñas Xerais do regulamento Electoral Central.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.12.2015.