Pasar al contenido principal
STG

Estudan cómo acadar unha economía sustentable na que o crecemento económico se desacople do impacto medioambiental

Reúnense en Económicas os integrantes do proxecto europeo SPREE

Unha trintena de investigadores de varias institucións europeas reúnense esta semana na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago para avanzar nos obxectivos do Proxecto SPREE (Política de servicizing para unha economía recurso-eficiente) do que a USC forma parte. Esta é quinta xuntanza do proxecto, que esta vez organiza o Grupo de investigación ICEDE (Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento) coordinado por Xavier Vence. O obxectivo do Proxecto SPREE é identificar potenciais programas de políticas de servicizing (vender a función dun produto ou do servizo que proporcione máis que o produto físico) para establecer sistemas que faciliten unha transición da venta de produtos á prestación de servizos nos sectores da auga, mobilidade e agroalimentario. Trátase de aproveitar as sinerxías existentes para acadar unha verdadeira economía sustentable, onde o crecemento económico se desacople do impacto medioambiental, ao tempo que se acadan obxectivos sociais como o incremento da calidade de vida. O consorcio internacional que forma SPREE consta de dez socios de sete Estados Membro e Países Asociados (Reino Unido, Suecia, Países Baixos, España, Lituania, Finlandia e Israel), todos coordinados polo Consello de Investigación de Lituania.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2014.